REGULAMENTO

1. O Trisquel CC organiza esta ruta cicloturista federada non competitiva (Calendario FGC). Cá colaboración do Concello de Valga.
A ruta terá unha Dificultade técnica e física media-alta.
Celebrárase o día 15 de Novembro de 2015 con entrega de dorsais a partir 8:15 horas e saída ás 9:30 horas do pavillón municipal de Cordeiro do Concello de Valga, e rexérase polo presente regulamento.
2. A proba terá un percorrido aproximado de 50 Km e discurrirá por parte dos montes do Concello de Valga.
3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, ata un máximo de 350 participantes.
4. INSCRICIÓNS: Ata un máximo de 350 participantes segundo os métodos indicados no apartado de inscricións.
5. PREZO: O importe da inscrición é de 5,00€ para todos os corredores federados e 10,00 € (5,00 € seguro día + 5,00 €) non federados.

Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, servizo de ambulancia, lavado de bicicletas, avituallamentos, duchas, comida e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cinta de plástico de cor azul e branco, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
7. TEMPOS DE PASO: Os/as participantes que sobrepasen a hora establecida pola organización polo punto de control, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os Corredores Escoba ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a si o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire deberá avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.
8. AVITUALLAMENTOS: Existirá 1 avituallamento líquido e sólido.
9. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
10. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
11. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de carretera.

12. O emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retitada do dorsal e da ruta. 
13. Os/as participantes deben respetar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido.
 A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da ruta.
Cada participante será responsable do seu propio material. No caso de avaría terá que solucionalo polos seus propios medios ou desplazarse os puntos de abandono establecidos.
Os/as participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT, recoñecen estar nún bo estado físico para a participación, e aceptan totalmente o presente regulamento.
14. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.
En todo momento respectarase e acataranse as ordes e directrices da organización, non sobrepasando en ningún momento ó vehiculo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.
15. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basarase nos regulamentos da Federación Galega de ciclismo e da Federación Española de ciclismo.


PROTECCIÓN DE DATOS
Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento. Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable O TRISQUEL CC. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario