venres, 22 de novembro de 2013

CRÓNICA RUTA BTT VALGA (17/11/13).

E o gran día chegou...
Pouco a pouco, paseniño a paseniño, 250 bikers foron chegando ao pabellón de Cordeiro e da soedade dos Trisqueles organizando e ultimando os preparativos de última hora, pasaouse a un gran bullicio de bikers poñendo a punto a súa bike, falando con este e con aqueloutro coñecido, recollendo dorsais... un ambiente ciclista dos que nos gusta e do que gusta...


Foi tal a boa organización que o gurú, o alma, o baluarte desta ruta, o Moroko (quen se non), que moitos Trisqueles cando se dou a saída ás 9:40, estabamos polo monte comprobando que as frechas e as sinalizacións estaban no seu sitio. O Moroko, pai único e único pai do percorrido. Obra del, única e exclusivamente. Un dez. Teno complicado "parir" para o próximo ano un fillo que supere ao deste ano...


E eso que o día, a verdade, ben o que se di ben non comezou: algún desaprensivo e inconsciente lle puso nas mans a Maga un micrófono... con todo o que iso pode supoñer... Todos, absolutamente todos non "temiamos" o peor, pero non se sabe se porque había moita xente, ou porque en Cordeiro fixeron acto de presenza a súa muller cas súas dúas fillas, quedando claro quen son ás que mandan na casa, o caso é que o home en cuestión, faladeiro, caralleiro e vacilón estivo inconmensurable co micro (voume abster de dicir a palabra ca que o bautizou o Maga.. pero é fácil de imaxinar). Acaba de nacer un speaker dos bos, e para o ano, xa sabemos quen vai ser o mestre de cerimonias.


Sobre ás doce e un pouco comezaron a chegar á meta os primeiros bikers e ata ás dúas da tarde, no que chegaron os últimos participantes, na meta soamente se escoitaba unha frase: "esta ruta é preciosa e durísima". Era o que buscabamos e segundo a maioritaria opinión, conseguimos. Era importante que estivera ben sinalizada, e a xente alabou o ben que estaba indicada, que houbera moita xente nos cruces e que ao final, logo da ducha de bike e biker, a xente non pasara fame. Polo que sobrou, unha de dúas; ou os amigos que nos visitaron eran de pouco comer (é dicir, que non se parecen moito a nos) ou ao final nos pasamos un pouco levando comida. Se foi o segundo, mellor. Logo, Trisqueles e familiares, disfrutamos tamén nos duns merecidos pinchos, analizando o que fixemos ben e o que fixemos mal, a fin de melloralo para o próximo ano.
Un éxito, asi podese resumir a I ruta btt de Valga........


Agora ben, esto xa é pasado e este próximo sábado este bo rollo, amistade e todo esas cousas bonitas, quedaran no olvido, e subindo Xesteiras Tino e Uzal comezarán a argallar a trampa de tódolos sábados ou en que sitio se esconderá un deles, e Magariños fará un deses diabólicos ataques de "Maga di onde comezan e Maga di onde acaban"..., e Toño soldarase á miña roda traseira copiando extratexia e ata de montura, e Diego cando vexa debilidade no Moroco e imcumprindo ordes de familia lle intente arrincalas pegatinas, e mirarei para Alberto e pensaréi que se un que el máis eu sabemos levantara a cabeza... e Andrés e Jorge sufrirán como sólo sabe eles sufrir, e Telmo, Fátima, Raquel,  Ángel e Sergio Janeiro pensarán que "están tolos estes Trisqueles" e non saben onde se meteron, e Agus e Martín iránse turnando en busca do asfalto bendito, e Manu mirará para a súa roda traseira e saberá que vai a llantar si ou si, e Cadilla irá en silencio pensando todos como pode ser do mesmo lugar que Maga, e Luis dirá que algún non suda, e Víctor o intentará e unha vez máis por todos será animado, e que Elías e Piru nos demostrarán que baixando tamén se fan diferenzas, e Rubén a pesar de todo, seguirá os consellos de Tino e Maga, e como Cristóbal nos amosará como se rema polo monte, e Luis o de Condide atopará un coñecido seu en calquer recuncho do monte... e finalmente Chirstian, o noso Chirstian mirarará adiante e atrás, de esquerda e dereita, e con voz solemne dirá: vaia panda de abuelos todos estos.
Seguramente me olvide dalgún, seino, ainda que espero non mo teñades en conta. Tranquilos, non me olvido nin me olvidarei nunca do dorsal nº 1 da ruta deste domingo: Iván. A mellor noticia. Esta de volta e esa é a mellor noticia. Vuelve el mito.


Un dia grande!!!!
Pola ruta, pola xente, por IVAN!!!! Que xa volveu... e para quedarse!!!!

ENLACE FOTOS: http://rutabttvalga.blogspot.com.es/p/fotos.html

CRÓNICA: GULLI.

1 comentario:

  1. Gran cronica ( para variar...) Gulli.
    Gran dia, grandisima nova o regreso de Ivan e grandisimos tamen todos Os Trisqueles colaborando e aportando o mellor de cada un para conseguir que esta nosa primeira ruta resultase un exito...

    ResponderEliminar